886 318 210
Facebook
Instagram
Ademais dos nosos servizos básicos, en Adiante proporcionamos servizos opcionais que completarán os coidados e atencións que reciben as persoas usuarias do noso centro de día en Mos.
Nas nosas instalacións, poderán atopar diversos espazos, como o salón de peiteado, comedor, sala de relaxamento... onde poder relacionarse e compartir momentos agradables con todo o equipo e os demais compañeiros.
O principal obxectivo de Adiante é velar pola comodidade e benestar de todas as persoas que día tras día nos visitan e gozan coas nosas actividades ou talleres.
Estas saídas están programadas polo centro a petición dos usuarios ou os seus familiares. Son saídas de carácter cultural e con elas pretendemos incentivar o positivismo e o benestar das persoas que nos acompañan en cada excursión.
O noso servizo de fisioterapia personalizado está orientado a incrementar o benestar e a calidade de vida das persoas usuarias mediante a realización de diferentes terapias adaptadas a cada caso.
No noso centro de día en Mos, contamos cun espazo dedicado a ser un salón de peiteado a disposición das persoas usuarias que o precisen.
O noso servizo de logopedia está destinado a tratar diferentes trastornos na comunicación relativos á fala, linguaxe, audición, voz e deglutición.
No servizo de podoloxía encargámonos de coidar e prestar atención ós pés das persoas usuarias mediante intervencións básicas e realización de curas. De este xeito, a persoa usuaria poderá ser máis independente grazas á mellora de mobilidade que supón ter uns pés sans. Ademais, contamos cun programa de intervención de pé diabético para todas as persoas do centro que padezan esta enfermidade.
En Adiante ofrecemos a posibilidade de que un profesional do centro acompañe á persoa usuaria en diferentes xestións, por exemplo en citas médicas. O traslado farase sempre no noso transporte.
Un dos obxectivos que perseguimos en Adiante é fomentar a autonomía e independencia nas tarefas de hixiene e aseo das persoas usuarias do centro. Traballamos diariamente en diferentes rutinas e damos apoio en ducha e vestimenta a aquelas persoas que o precisen, respectando en todo momento a intimidade, límites e ritmo de cada unha.
Por outra parte, realizamos diferentes traballos relativos ó control de esfínteres e tamén nos encargamos da xestión de medicamentos das persoas usuarias do noso centro de día en Mos.
Traballamos cunha empresa de catering externa que elabora de forma individualizada cada dieta. No noso comedor ofrecemos axudas técnicas para cada persoa usuaria.
Contamos con servizos de coidado adicionais para complementar a atención aos maiores do noso centro de día en Mos. Se tes algunha dúbida, contacta co equipo de Adiante, eles proporcionaranche todos os detalles sobre as distintas alternativas.
Solicitar información