Socializadoras En Adiante traballamos con terapias socializadoras coa fin de aumentar a autoestima e motivación dos nosos usuarios. Dentro destas terapias podemos atopar: Ergoterapia e laborterapia. Actividades nas que se traballa coas mans potenciando a creatividade e comunicación, para aumentar o sentimento de valía e incentivar o positivismo. Musicoterapia. Utilizada para incrementar a expresión emocional, a atención, a linguaxe e exercitar a memoria mediante o uso da música. Ludoterapia e actividades de grupais de integración social. Estas terapias evitan a perda de habilidades sociais e de comunicación para diminuír o risco de illamento social. Actividades interxeracionais. Estas actividades propoñen a realización de xogos, talleres, excursións... con nenos e nenas, adolescentes e familias co fin de suprimir estereotipos sociais e fomentar a empatía, comunicación... Horticultura. Mediante o cultivo de plantas en xardíns urbanos, fomentamos o benestar físico e mental das persoas usuarias. Psicoafectivas Estas terapias axudan a traballar a memoria mediante o uso de estímulos físicos que facilitarán os recordos, tanto recentes como remotos. Reminiscencia. Nesta terapia utilizamos fotografías, vídeos, cheiros, música... repasando a historia da persoa para que conserve a súa identidade utilizando o seu pasado. Arteterapia. Co uso de artes plásticas conseguimos mellorar a saúde mental e o benestar, tanto emocional como social, traballando as emocións e a aceptación de patoloxías, xa sexan propias ou de persoas achegadas. Risoterapia. Con esta técnica conseguimos diferentes beneficios a nivel emocional, corporal e mental tendo como principal condutor a risa. Funcionais En Adiante elaboramos plans de exercicios personalizados para conseguir diferentes beneficios para a saúde física e mental das persoas usuarias. Deste xeito conseguimos a mellora do tono muscular e da mobilidade, así como se favorece a un correcto funcionamento do sistema circulatorio e do sistema respiratorio. As terapias funcionais tamén son favorables ó mantemento do equilibro e a psicomotricidade. Cognitivas A estimulación cognitiva abarca todas as capacidades neuropsicolóxicas, como a linguaxe, a orientación, concentración, cálculo... Estas terapias están deseñadas de forma individual para cada persoa usuaria co fin de manter activas as capacidades mentais e así atrasar a deterioración congnitiva. Tendo en conta o nivel de alfabetización da persoa, sen ser isto un inconvinte, faranse diferentes talleres adaptados ás capacidades de cada unha delas.