Adiante: coidamos dos nosos maiores
Adiante somos un centro de día en Mos adicado á atención integral e personalizada a persoas maiores. O noso principal obxectivo é mellorar a calidade de vida das persoas usuarias do noso centro mediante o desarrollo de actividades e prestación de servizos que contribuan a aumentar a súa sáude física e psicolóxica, así coma ó benestar social.
Nas nosas instalacións poderás encontrar un equipo altamente cualificado e cunha gran experiencia nas súas respectivas áreas, que se implica na súa labor e sabe realizala de forma correcta e adaptada a cada unha das persoas que nos visita.
Por outra parte, poñemos a disposición dos usuarios servizos básicos e servizos opcionais, deste xeito proporcionamos a atención que cada un precisa.
Se queres máis información sobre as nosas actividades e o noso centro de día en Mos, non dubides en poñerte en contacto connosco.
As nosas instalacións
O segredo de seguir adiante é comezar
O noso centro de día está pensado para que os usuarios disfruten dunhas instalacións complemente adaptadas ás súas necesidades. En Adiante contamos con 320 m² distribuidos en diferentes espazos para realizar talleres, ximnasio, zona de relax, comedor, área de novas tecnoloxías, biblioteca... Ademáis, o edificio dispón de dous baños completamente adaptados e un salón de peiteado.
Por outra parte, no exterior do edificio hai un patio exterior onde están os xardíns urbanos, o lugar perfecto para realizar diferentes actividades, como camiñar ou descansar.
Equipo Adiante
As persoas que formamos o equipo de Adiante, centro de día en Mos, caracterizamonos por ter diferentes formacións pero un obxectivo común: brindar unha atención especializada ás persoas usuarias, tentando mellorar a súa calidade de vida e asegurando a súa integridade.
Dentro do equipo do noso centro contamos con:
![Centro de día](images/ico/social.png)
Traballador social
![Centro de día](images/ico/Educadora.png)
Educadora social
![Centro de día](images/ico/Integradora.png)
Técnica en atención a persoas en situación de dependencia
![Centro de día](images/ico/ocio.png)
Monitora de ocio e tempo libre
![Centro de día](images/ico/perruqueira.png)
Perruquería
Ademais colaboramos con profesionais externos:
Farmacia
![Centro de día](images/ico/Podologo.png)
Podoloxía
![Centro de día](images/ico/Psicologa.png)
Psicoloxía
![Centro de día](images/ico/Logopeda.png)
Logopedia
![Centro de día](images/ico/Fisioterapeuta.png)
Fisioterapia
![servizos básicos de Adiante](images/servizos-basicos.jpg)
Servizos opcionais
Os nosos servizos opcionais aseguran unha atención aínda máis personalizada.
Saber máis![servizos opcionais de Adiante](images/servizos-opcional.jpg)
O noso principal obxectivo é o benestar dos nosos maiores
En Adiante traballamos diariamente ofrecendo a mellor das atencións ás nosas persoas usuarias. Queremos brindarlles un trato personalizado e completamente adaptado a cada un dos maiores que nos acompañan no noso centro de día en Mos.
As actividades que realizamos están deseñadas por profesionais cunha amplia experiencia nesta área e pretenden estimular as funcións cognitivas para manter activa á persoa. Por outra parte, tamén traballamos con exercicios que axudan a mellorar a movilidade para retrasar a acción do paso dos anos no físico dos usuarios.
Os nosos servizos son completamente personalizados, podendo seleccionar os que máis conveñan ós maiores. Se queres saber máis sobre as instalacións, o equipo e as actividades do noso centro de día, chámanos!
Búscanos en Instagram
Síguenos enContacta con Adiante
Se estás a buscar un centro de día en Mos, non dubides en contactar connosco e consultar toda a información relativa ós servizos de atención a persoas maiores que ofrecemos.