Centro de día con atención integral para maiores

Proporcionamos ós nosos maiores todo o que precisan

Ademáis dos nosos servizos básicos, en Adiante proporcionamos servizos opcionais que completarán os coidados e atencións que reciben as persoas usuarias do noso centro de día en Mos.

Nas nosas intalacións, poderán atopar diversos espazos, como o salón de peiteado, comedor, sala de ralax... onde poder relacionarse e compartir momentos agradables con todo o equipo e os demás compañeiros.

O principal obxectivo de Adiante é velar pola comodidade e benestar de todas as persoas que día tras día nos visitan e gozan coas nosas actividades ou talleres.

Servizos opcionais de Adiante, centro de día en Mos

Servizo de transporte

  • Transporte ó centro de día: realizamos servicio de recollida no propio domicilio e contamos con 4 rutas diferentes para cumplir coas necesidades dos usuarios.
  • Transporte adaptado: aquelas persoas con mobilidade reducida ou que precisen cadeira de rodas poderán facer uso do noso transporte adaptado.

Saídas especiais

Estas saídas están programadas polo centro a petición dos usuarios ou os seus familiares. Son saídas de carácter cultural e con elas pretendemos incentivar o positivismo e o benestar das persoas que nos acompañan en cada excursión.

Servizo de fisioterapia

O noso servizo de fisioterapia personalizado está orientado a incrementar o benestar e a calidade de vida das persoas usuarias mediante a realización de diferentes terapias adaptadas a cada caso.

Servizo de hixiene persoal

Mediante este servizo, en Adiante, cubrimos as necesidades relativas ó aseo persoal de todas aquelas persoas usuarias que o soliciten.

Servizo de salón de peiteado

No noso centro de día en Mos, contamos cun espazo dedicado a ser un salón de peiteado a disposición das persoas usuarias que o precisen.

Acompañamento a diferentes xestións

En Adiante ofrecemos a posibilidade de que un profesional do centro acompañe á persoa usuaria en diferentes xestións, por exemplo en citas médicas. O traslado farase sempre no noso transporte.

Podoloxía

No servizo de podoloxía encargámonos de coidar e prestar atención ós pés das persoas usuarias mediante intervencións básicas e realización de curas. De este xeito, a persoa usuaria poderá ser máis independente grazas á mellora de movilidade que supón ter uns pés sanos. Ademáis, contamos cun programa de intervención de pé diabético para todas as persoas do centro que padezan esta enfermidade.

Aseo e hixiene

Un dos obxectivos que perseguimos en Adiante é fomentar a autonomía e independencia nas tarefas de hixiene e aseo das persoas usuarias do centro. Traballamos diariamente en diferentes rutinas e damos apoio en ducha e vestimenta a aquelas persoas que o precisen, respectando en todo momento a intimidade, límites e ritmo de cada unha.

Por outra parte, realizamos diferentes traballos relativos ó control de esfínteres e tamén nos encargamos da xestión de medicamentos das persoas usuarias do noso centro de día en Mos.

Logopedia

O noso servizo de logopedia está destinado a tratar diferentes trastornos na comunicación relativos á fala, linguaxe, audición, voz e deglución.

Comedor

Traballamos cunha empresa de catering externa que elabora de forma individualizada cada dieta. No noso comedor ofrecemos axudas técnicas para cada persoa usuaria.

Contactar con Adiante, centro de día en Mos

Para obter máis información sobre os servizos que prestamos nas nosas instalacións, contacta co noso equipo e pídenos todo o asesoramento e detalles que precises.